Despois de cinco días de cine para todos os públicos o VII Festival de Cine Inclusivo chega ao seu fin. O festival englobou 47 proxeccións didividas en diferentes sesións, todas ellas de acceso libre e moitas subtituladas e audioescritas para favorecer que todas as persoas poidan gozar do sétimo arte. O público encheu as sesións de hoxe no Museo Marco e no Auditorio do Concello, nas que puidemos gozar dunha sesión de animación para a cativada, unha mostra pola igualdade e como colofón a sesión de curtas de ficción.
Ao finalizar as proxección tivo lugar a gala de clausura e entraga dos premios no Auditorio do Concello. ‘A diente de perro’ de Jose Luis Estañ álzase co premio ao mellor filme de ficción, o xurado destacou o traballo de realización e montaxe do filme así como a creación duns personaxes estimulantes. No apartado de longas documentais, a gañadora é ‘La palabra maldita’ de Javier Álvarez Solís “por tratar un tema tabú como o do sucidio para que sexa entendido socialmente”; aínda que nesta categoría o xurado quixo tamén facer unha mención especial ao documental vigués ‘Alborada’, realizado polo 40 aniversario da asociación.
A galega Diana Toucedo recibe o premio a mellor curta documental ‘Tatuados nos ollos levamos no pouso’, no que retrata o traballo das mariscadoras. No apartado de ficción o xurado otorgou o galardón a ´Sorda’ pola súa orixinalidade, e ‘36’ consegue mención especial por “consiguir facernos ver que os prexuizos poden dominarnos”. O premio CREA á mellor dirección foi para Santiago Requejo que na súa curtametraxe ‘Votamos’ “conseguiu coordinar aos actores nun traballo coral sen estridencias”. Por último, no concurso online de webseries os internatutas decidiron que ‘Spiderman e eu’ de Manuel Villar Paniagua leve o primeiro premio cun 57% dos votos recibidos.
A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva (AGAIN) organiza o VI Festival Internacional de Cine Inclusivo de Vigo, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte. O festival non sería posible sen o patrocinio e colaboración de diferentes Administracións e entidades privadas.
Listado de premios
-WEBSERIE. Manuel Villar Paniagua. ‘Spiderman e eu’.
-CURTA DE FICCIÓN. ‘Sorda’. Mención especial: ‘36’.
-CURTA DOCUMENTAL. ‘Tatuados nos ollos levamos o pouso’.
-LONGAMETRAXE DOCUMENTAL.‘La palabra maldita’. Mención especial: ‘Alborada’.
-LONGAMETRAXE DE FICCIÓN: ‘A diente de perro’.
-PREMIO CREA Á DIRECCIÓN: ‘Votamos’