Play-Doc viviu unha intensa xornada do sábado con gran afluencia de público, a pesar das restricións de aforo impostas pola crise sanitaria, na puidéronse ver as dúas últimas películas da súa sección oficial a competición, a belga Victoria de Sofie Benoot, Liesbeth De Ceulaer e Isabelle Tollenaere e a última proposta do cineasta chileno de Ignacio Agüero Nunca subí el Provincia. Mañá domingo o xurado formado por Marta Andreu, Pela del Álamo e Andrés Duque dará a coñecer a película gañadora desta edición do festival.
Onte sábado a creación galega foi a gran protagonista da xornada. O publico encheu as salas e puido comprobar o gran momento que vive o audiovisual galego e a diversidade das súas propostas con cinco das películas que conforman a súa sección Panorama Galicia. Tamén espertou moito interese o encontro Coming Soon o que os cineastas Margarita Ledo, Pela do Álamo, Sonia Méndez e Alexandre Cancelo presentaron un adianto dos proxectos cinematográficos nos que están a traballar e que previsiblemente verán a luz durante o próximo ano 2021.
O punto máis alxido de intensidade chegou ao final da xornada co concerto de Baiuca. Aforo completo cun público entregado para recibir ao duo formado por Alex Casanova e Adrián Canoura, coa súa particular fusión musical de vangarda e tradición, na que se mestura a instrumentación típica do folclore tradicional galego co máis avanzado da música electrónica.
Última xornada de Play-Doc 2020
A última xornada do festival arrinca ás 20.00h coa proposta máis experimental da sección de cinema producido en Galicia, Those that, at a distance, resemble another da británica Jessica Sarah Rinland.
Ás 21.30h e tras o éxito da primeira sesión de cinema doméstico, o público terá a oportunidade de volver gozar das coleccións de cinema doméstico dixitalizadas polo museo MOCA. Trátase de películas rodadas nos anos 60, 70 e 80, por Carlos Dagá, veciño de Tui que ademais de filmar a vida do seu familiares e amigos, tamén rexistrou co seu cámara Súper 8 acontecementos da vida tudense.
Na última sesión desta XVI edición poderase ver a película gañadora da sección competitiva. Esta anunciarase ao longo do día de mañá tras a deliberación do xurado.
Axenda domingo 27 de setembro
20.00 h I Those that, at a distance, resemble another I Jessica Sarah Rinland I Panorama Galicia
21.30 h I Sesión de cinema doméstico
22.30 h I Película gañadora