Play-Doc, Festival Internacional de cinema de Tui, inaugurou hoxe a súa 20ª edición na sede habitual do festival, o Teatro Municipal de Tui. Os directores do festival, Sara García e Ángel Sánchez, estiveron acompañados de Jorge Cubela, Deputado de Cultura, Reto Demográfico, Desenvolvemento Rural e Xuventude; de José López Campos, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e de Enrique Cabaleiro, Alcalde de Tui, que foi o encargado de pechar o acto.
Todos os asistentes resaltaron a importancia da existencia dun festival cun programa tan coidado. Ademais todos celebraron que Play-Doc conseguise converterse nun referente internacional e nun punto de encontro para cineastas.
Tras as intervencións tivo lugar unha peza experimental de cinema e música en directo sobre El Crack, de José Luis Garci, Anacos de Crack. Os artistas multidisciplinares Víctor Coyote e Javi Álvarez reinterpretaron con música orixinal en directo este filme pioneiro do cinema negro español.
Primeira xornada de Play-Doc
Mañá, xoves 2 de maio, ás 11.00h comezara a competición Galicia coa proxección de Os espazos en branco de Bruno Arias. Ás 21.30h será a quenda de O auto dás ánimas de Pablo Lago Dantas.
Ás 16.30h comezarán as proxeccións de a competición internacional con Cinema Before 1300 de Jerome Hiler, ás 19.30h poderanse ver Drôles de guerres, a película póstuma de Jean-Luc Gordard e Bonjour a langue de Paul Vecchiali.
Ás 17.30h, no Seminario Menor de Tui, comezan as proxeccións dedicadas ao cineasta brasileiro Leon Hirszman coa proxección de algunhas das súas curtametraxes. Ás 20.30h proxectarase a súa longametraxe A falecida.
Mañá tamén darán comezo algunhas das proxeccións dedicadas ao cineastas William Friedkin, o festival proxectará Sorcerer e Crusing, ambas as no Teatro Municipal de Tui, ás 18.30h e ás 22.30h respectivamente.