O evento programa como concerto de apertura a Iván Ferreiro na Leira de Alicia e como peche actuarán os Diplomáticos de Monte Alto, no Torreiro de Cans. O grupo fará un concerto especial polo seu 25 aniversario no que contará coa participación de varios colaboradores para facer un recital especial.
Como cada ano, en Cans haberá leiras, procesións de chimpíns e os famosos cans da parroquia co seu bulevar e tamén con concurso. Ademais o evento inclúe actividades para nenos os xoves e os venres, mentres que nas sesións calmadas de mañá poden atoparse roteiros guiados con música ou actuacións de monicreques como as que terá Alecrín.
No aspecto cinematográfico está previsto o concurso de curtametraxes e tamén actos con profesionais do sectos, os coloquios na leira e as habituais entregas de premios. A programación tamén recolle algún tesouro como a ‘Compostela Yeyé’, na que se pasarán filmes inéditos de conxuntos dos anos 60 e 70.
Venda de entradas
O festival abrirá este mércores de maio ás 12:00 horas o segundo prazo de venda de entradas que dan acceso á proxección da sección oficial de curtametraxes a concurso do sábado 21 de maio. Poderán adquirirse a través da tenda virtual. Nesta ocasión haberá tres tipos de productos á venda: pack de tarde, entrada simple de tarde e entrada simple de mañá. O prezo do pack completo será de 24 euros con un desconto con respecto ao prezo real que sería de 26 euros (12€ entrada + 12 € camiseta + 2€ catálogo). O prezo das entradas simples, tanto da sesión de mañá como da de tarde, terán agora un custe de 12 euros.