A representación, dirixida por Cándido Pazó e escenografada por Carlos Alonso, constitúe a última produción do Centro Dramático Galego e terá lugar este mércores 6 de maio, ás 20:30. As entradas están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, en www.ataquilla.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500 e no recinto do espectáculo o propio día da función.
Trátase dunha producción insertada no acordo de colaboración entre o CDG e o Teatro Dona María II de Lisboa.
En «Xardín suspenso», Abel Neves asina un texto aparentemente simple, pero que adquire unha enorme comprexidade, pois é una historia da nosa condición humana. ¿Ata ónde pode levar a fidelidade nun amor que non é correspondido? Lucía é unha arquitecta que, fiel a un amor imposible, decide abandoarse, disolvéndose na vida, por inación. Invertiu tódalas enerxías na construcción dun depurado xardín sen plantas no que crece a súa devoción amorosa por Mateo, con quen, sen selo seu irmán, creceu dende a infancia. Ignorando este sentimento, a familia intenta comprendelo enigma. Mariana, a avoa de Lucía, resolveu o misterio dende moi cedo. Coa sabiduría propia da idade, aconsella ó fillo: “Se escoitamos ben, respiramos mellor”. Pero na casa ninguén escoita, a vida continúa e o xardín…suspenso.