A nova tempada comeza o venres 28 de setembro coa compañía Dani García e o seu espectáculo familiar “Don Gelati” que, ademais, o sábado ofrecerá un pasacalles pola rúa do Príncipe. Tamén haberá espectáculos para público adulto como o da compañía Yllana e os Primital Bros, «The Primitals», os días 5 e 6 de outubro.
A programación complétase con Spasmo Teatro con «El Mundo Lirondo» o 7 de outubro; «O servidor de dous amos», de Talía Teatro, os días 12 e 13 de outubro; «Rosa Caramelo e outras historias», tamén de Talía Teatro, o 14 de outubro; «A leituga», de Eme2 emocionarche, o 19 e 20 de outubro; » Patapatúm», de Elefante Elegante, o 21 de outubro; «Cáscaras vacías», da compañía Lazona, o 26 de outubro; » BB Circus», de Asacocirco, o 28 de outubro; «Una conferencia bailada», de Bddanza, o 2 de novembro; «Rojo Estándar», de Lanördika, o 4 de novembro; » Iberian Gangsters», de Teatro Meridional, o 9 de novembro; «Alquimia», de Mago Teto, o 11 de novembro; Susana Seivane actuará o 16 de novembro; «Concerto singular», de Píscore, o 18 de novembro; «Da avaricia, a luxuria e a morte», de Teatro do Noroeste, o 23 de novembro e » Frankenstein. No soy un monstruo», de Pata Teatro, o 25 de novembro.
O ano pasado houbo 40.000 asistentes e máis de 275 actividades nesta programación municipal.
A presentación da programación tivo lugar este xoves na Praza do Rei e comezou cunha divertida representación de Doutor Milagre.