Pero o evento, que foi presentado oficialmente este luns, non é unha proba máis para os seus participantes, xa que en Vigo nace o recén creado circuíto nacional de skate, que ten a vista posta en Tokyo 2020, onde este deporte debutará nuns Xogos Olímpicos. De aí que esta edición alcance unha nova dimensión.
Esta repercusión está a reflectirse no sector hoteleiro. Apenas quedan habitacións dispoñibles en Vigo e os responsables dos aloxamentos olívicos pensan que as poucas que quedan reservaranse nas vindeiras horas, co cal o a ocupación será do cento por cento.
Este impacto económico foi salientado polo Concello, a administración que máis cartos achega para que O Marisquiño se celebre na cidade dada a súa repercusión mediática. O consistorio dá directamente á organización 218.500 euros para manter a ubicación. Mentres, a Deputación pon 181.500 euros. Malia todo, o evento é por si mesmo deficitario.
Nas anteriores edicións, máis de 130.000 persoas gozaron das competicións, exhibicións, concertos, e gastronomía que O Marisquiño move ao redor do porto e espérase que este ano se aumenten os datos de participación para alcanzar as 160.000 persoas.
O recinto do festival contará este ano con 200.000 metros cadrados, o que supón un incremento do 20%, e tamén prestará unha grande atención ás retransmisións en directo pola internet das probas deportivas, cun alcance estimado de máis de 100.000 persoas.
O evento contará ademais cun amplo número de actividades lúdicas como a Batalla de Galos ou os múltiples concertos, que prologarán a xornada ata a madrugada. O cartel completo e os horarios están dispoñibles aquí.