O programa desenvolverase entre os meses de abril e maio e desde setembro a decembro de con horario de 17:00 a 21:00 horas e inclúe concertos e obradoiros de grafitti, rap, regueifas, poesía, capoeira, hip hop, breakdance, finger skate, cómic, pintura, teatro e expresión Corporal. Tamén haberá exhibicións de eslálon de rap e regueifas, sketchs de teatro e monólogos, jam sesión de poesía…
De forma paralela, continúan as actividades de dinamización relacionadas coa alimentación e os hábitos saudables os luns e mércores, entre as 11:00 e as 13:00 horas.