O rexedor convidou «ás nenas e nenos vigueses a que vaian a Navia porque o pasarán ben» co programa de actividades organizadas polo Concello entre o 22 e o 31 de decembro na rúa Teixugueiras.
En horario de mañá e tarde, entre as 11 e as 14 horas e entre as 17 e as 20 horas, haberá talleres de xoguetes, origami, agasallos de Nadal, naves de stars wars, pulseiras ou pintura creativa. Ademais, as cativas e os cativos poderán gozar de diferentes espectáculos: contos a cargo de Raquel Queizás e Bea Campos, os espectáculos «Canta connosco» e «Merenda con pan de millo» de Migallas Teatro, teatro da man de O Baúl da Tía Tola coa peza «Tilín e Tilón en Estrazalonia» e os títeres e contacontos «Sabela e o paxaro máxico», «O traxe novo do rei» e «Amoriños contei» a cargo de Tarabelos.
O programa inclúe tamén concertos en case tódalas xornadas cos grupos: Komodo e Legacy of Sorrow, Ritmoceronte e LVME, Turn do Dusto e Zurraspa, Trophaeum e Arson The Tides, Poetics e Black Seed e Faced Out xunto a Lapsus Mentis.