Trátase do primeiro espectáculo deste grupo teatral formado por catro actores/músicos con ampla formación musical e experiencia escénica. Concerto singular é unha comedia xestual que fará rir ao espectador desde o virtuosismo musical e a elegancia.
A obra comeza cando son convocados catro grandes solistas para un único concerto: 16 baquetas para unha soa marimba. Organizarse non vai ser doado. A peza está chea de equívocos, probas, solucións tolas…ata que por fin conseguen poñerse de acordo e sacar un son incrible logo de moitas risas.
A compañía naceu na primavera do 2016 e homenaxea co seu nome á famosa «Esther Píscore», unha personaxe habitual nos gags de Les Luthiers, trasunto da musa da danza, Terpsícore. O grupo está composto por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez, Pablo Cabanelas con dirección de Fran Rei que ofrecerán mañá ao público una sesión de musicomedia de preto dunha hora.