Cunha duración de dúas horas, o espectáculo está programado, en todos os casos, ás 18.30 h. Será os días 26 e 27 no Teatro Afundación de Vigo, o 28 na Sede Afundación de Pontevedra e o 29 e 30 no auditorio Abanca de Santiago. Ademais, o Teatro Colón da Coruña acollerá este encontro internacional da maxia o 22 de decembro ás 20.00 h. As entradas xa están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: mediante a web de www.Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.
O espectáculo e os magos
«Galicia Magic Fest» é a primeira gala internacional de ilusionismo celebrada en Galicia. Está presentada e dirixida polo galego, Pedro Volta. Cinco dos mellores magos do mundo realizarán trucos e números de recoñecido prestixio internacional. O principal obxectivo do show é sorprender a todos os membros da familia por igual.
Yunke é colaborador habitual do programa de televisión de Antena 3 Televisión, El Hormiguero. A súa maxia está chea de misterio, beleza e risco. As súas ilusións son abraiantes e hipnóticas. Yunke é tamén un innovador da maxia, inventor de ilusións e creador de mecanismos máxicos. Foi premiado pola FISM nos campionatos mundiais de maxia, ostenta o galardón Mandrakes d’or, a Mención de Honor da Familia Real de Mónaco e entre o seu palmarés cóntase o Premio Mundial da Maxia: Oráculo de Ouro 2016.
Huang Zheng é primeiro premio do Congreso de Maxia Nacional de China 2002. Foi recoñecida como Nova estrela premio Congreso Internacional de Maxia Shanghai China en 2003, gañou o galardón The Mystic Craiy Award S.A.M. Convention en USA no ano 2005 e é, ademais, primeiro premio de Manipulación no Congreso Máxico Nacional.
Charlie Mag recibiu en 2010o premio nacional de Manipulación na Coruña. E seguidamente o da convención da FFAP (Fédération Française des Artistes Prestidigitateurs) atribuíulle o premio nacional de Manipulación en París (Francia) e, no seguinte ano, o premio de ouro Les Anneaux Magiques en Suíza. No 2011, Charlie é nomeado campión de Europa en Maxia Xeral na FISM, Campionato de Europa da Maxia en Blackpool (Inglaterra). No 2012, presenta o seu número ao Campionato Mundial de Maxia.
Disguido, son Isabella e Guido, un dúo máxico, un equipo no escenario e unha parella na vida real. Guido é un actor e director, graduado na Academia de Belas Artes (Academia das Artes) como escenógrafo. Isabella é psicóloga, graduada en antropoloxía ao expoñer a súa investigación titulada La fiducia nell’Illusionista (A confianza no ilusionista ). En 2013 obtiveron a Mandrake d´or en Francia.
Ta na manga é un dúo de ilusionistas de Portugal, formado polos magos Gonçalo Jorge e Pedro Teixeira. Formouse en 2004, cando estes dous amigos se reuniron e decidiron crear un espectáculo orixinal que integrase o teatro, a música e a comedia. Xuntos crearon o espectáculo Tá na manga ao Quadrado que debutou en 2008 en Lisboa. Ta na manga recibiu ata o momento once premios en eventos internacionais de maxia, destacando o primeiro premio no Campionato Mundial de Maxia FISM na categoría de maxia xeral, en xullo de 2012.
Pedro volta é un Ilusionista galego experto en escapismo e creador de emocionantes espectáculos de maxia e festivais. É asesor de Yunke para El Hormiguero. Traballou para Vanity Fair, Seat, Heineken, Instituto Cervantes, a Embaixada Española en Australia e promocionou os seus espectáculos no programa de Telecinco, Qué tiempo tan feliz, facendo levitar un dos seus colaboradores. Tamén participou en numerosos programas da TVG como Land Robert ou Luar. A nivel internacional, en maio de 2014, realizou unha xira por Australia, facendo un total de dez shows entre Sidney e Camberra con grande éxito. En 2009 tamén estivo facendo maxia cun show en varios teatros de Maryland e Washington, D.C. (USA) e foi contratado pola Unión Europa no seu Festival Kids Euro Festival.