O festival de maxia de rúa ‘Vigo rúa máxica’ desenvolverase dende este xoves 6 e ata o domingo 9 de abril en diferentes espazos da cidade da man de nove magos “extraordinarios”: Porta do Sol, Praza Independencia, Mercado Teis, Navia, Peonil do Calvario e Praza Suárez Llanos de Bouzas.
Pedro Volta, Mago Teto, Héctor Sansegundo, Mago Paco, Rey Midas, Civic-Civiac, Lebart, Rafael Titonelly e Mago Marco ofrecerán os seus espectáculos de balde nos diferentes escenarios contando coa participación do público. Cada un dos artistas do programa pasará por cada unha das prazas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convidou á cidade a gozar desde festival de maxia de rúa que comeza este xoves 6 de abril. Ás 18.00-19.00 horas na Porta do Sol: Mago Teto; na Praza Independencia: Pedro Volta; no Mercado Teis: Rafael Titonelly; en Navia: Lebart; na Peonil Calvario: Rey Midas; en Bouzas-Praza Suárez Llanos: Mago Marco.
O venres 7 de abril na Porta do Sol, 17.00 horas: Héctor Sansegundo; Praza Independencia, 17:30 horas: Rey Midas; ás 18.00 horas no Mercado de Teis Mago Teto, en Navia Pedro Volta, na Peonil Calvario Mago Paco, en Bouzas Lebart.
O sábado 8 de abril, na Porta do Sol, entre as 12.00 e as 14.00 horas e entre 17.30 e as 20.30: Civic-Civiac e ás 17.30, 18.30, 19.30: Lebart. Ás 18.00 horas na Praza Independencia: Teto, no Mercado Teis: Pedro Volta, en Navia: Rafael Titonelly, na Peonil do Calvario: Mago Marco e en Bouzas: Rey Midas.
O domingo 9 de abril remata o programa na Porta do Sol con actuación dobre: ás 17.30, Rey Midas e ás 19.00 horas Pedro Volta.
Magos
- Pedro Volta, galego que presenta en Galicia por primeira vez o seu show inspirado na Nasa
- Mago Teto (Galicia) ofrece un espectáculo cunha roda de afiar dos anos 30 contando historias e aventuras doutros tempos
- Héctor Sansegundo (Castela e León), trae o seu espectáculo de improvisación, humor e maxia co que percorreu teatros e salas de China, Latinoamérica, Portugal e España
- Mago Paco (Galicia). Espectáculo con elementos visuais rechamantes coa participación activa do público infantil
- Rey Midas (Arxentina) presenta un espectáculo protagonizado por un chef que busca a receita perfecta con moito humor
- Civic- Civiac (Navarra) propón xogos de participación para todo o público nunha instalación de 350 metros cadrados
- Lebart (Arxentina) realiza maxia con humor intelixente con shows con malabares e clown
- Rafael Titonelly (Brasil), un dos ilusionistas máis coñecidos de Portugal, participante de Got Talent, trae a Vigo o seu espectáculo de maxia e humor
- Mago Marco (Portugal), novo artista con experiencia no mundo da animación e o espectáculo