O primeiro premio foi para Iria Blanco Barca, farmacéutica do Chuvi, pola súa fotografía ‘E parece que foi onte…’; o segundo recaeu en María del Carmen Gómez Gómez, supervisora do servizo de Traumatoloxía, por ‘Agarimo’; e o terceiro premio levouno o neurocirurxián Pedro Miguel González Vargas, por ‘A espontaneidade e os sorrisos son parte da saúde’.
Este concurso, enmarcado no conxunto de actividades conmemorativas do IV Aniversario do hospital, tivo un xurado composto por profesionais cualificados, como Alfonso Lubián e os tres responsables de fotografía dos periódicos locais: Ricardo Grobas, do Faro de Vigo; Mercedes Moralejo, da Voz de Galicia; e Jorge Landín, do Atlántico Diario.
Ademais dos tres premios, o xurado realizou unha selección de fotografías para a realización dun vídeo así como as finalistas para ser expostas no hospital. Despois da entrega de galardóns, inaugurouse a mostra das imaxes seleccionadas na área de consultas externas.
PRIMER PREMIO: Iria Blanco Barca – ‘E parece que foi onte…’
SEGUNDO PREMIO: María del Carmen Gómez Gómez – ‘Agarimo’
TERCER PREMIO: Pedro Miguel González Vargas – ‘A espontaneidade e os sorrisos son parte da saúde’