O xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, presidiu este venres a entrega de premios do V Concurso de Fotografía do Persoal da Área de Vigo aos gañadores deste certame, que este ano tiña como temática ‘A túa visión da pandemia do Covid-19 no ámbito sanitario’.
O primeiro galardón foi para Ivan Licona Méndez, celador do Chuvi, pola súa fotografía ‘Heroínas anónimas’; o segundo recaeu en Miguel Ángel Álvarez Rodriguez, persoal de xestión por ‘Desolación’; e o terceiro premio levouno o residente en Medicina Intensiva Carlos García Redruello por ‘Toda axuda é pouca’.
Este concurso, enmarcado no conxunto de actividades conmemorativas do V Aniversario do Hospital, tivo un xurado composto por profesionais da fotografía e o fotoxornalismo. Ademais dos tres premios, o xurado realizou unha selección de fotografías para ser expostas no hospital. Despois da entrega dos galardóns, inaugurouse na área de consultas externas a mostra coas imaxes seleccionadas.