Creada en xaneiro de 2011 tras a unión do voluntariado do Refuxio de Animais Abandonados de Ponteareas, esta asociación é responsable dunha media de 250 animais, moitos deles en fogares de acollida. Un traballo que non dá tregua, xa que neste último ano 194 animais foron rescatados da rúa e outros 124 foron adoptados.
Os animais acollidos son coidados coa maior dignidade posible dentro dos limitados recursos cos que conta a asociación co fin de atoparlles a todos e cada un deles “un verdadeiro final feliz mediante unha adopción meditada e responsable”.
Este refuxio funciona exclusivamente grazas ao traballo diario e desinteresado do voluntariado, xa que ten como único modo de subsitencia as achegas de socios, madriñas, padriños, donativos de persoas colaboradoras e o recaudado coas diversas actividades que o voluntariado realiza.
Por iso, se non podes adoptar ou ademais queres, podes colaborar de moitos xeitos: acollendo de forma temporal ou definitiva, amadriñando ou apadriñando un animal, facerte voluntario, doazóns económicas facendo o ingreso na conta bancaria ou dando obxectos que poidamos vender para recadar fondos, mercando na tenda virtual ou nos postos que montan en diversas festas e mercadillos da comarca ou facerse teamer por un euro ao mes.