O Centro Comercial Camelias organiza unha exposición colectiva de Nadal, denominada «Regalarte», coa intención de levar o arte a todos os públicos e petos. A artistas invitadas son galegas nacidas en Vigo e en Pontevedra. A mostra estará situada na planta baixa no local B20 dende o 23 de decembro ata 8 de xaneiro.
MARÍA FORTES BLANCO @mariafortesblanco
Sensibilizada co malgaste de recursos naturais, medios e enerxía, a meirande parte das obras están realizadas con pezas variadas que recicla, recupera ou rescata do esquecemento, e que xeralmente son o reflexo de vivencias, inquietudes, angustias, así como o desexo dunha ardua evolución do ser humano que contemple o respecto polos seus conxéneres, polo resto de seres vivos e polo planeta en se mesmo. Tras de si conta con exposicións en París, diversas salas do pais luso , así como salas da nosa comunidade e do resto do país.
LURDES MEIS @lurdesmeis
Pintora de paisaxe, crea realidades con acuarelas, acrílicos fluidos e texturas. A súa inspiración é a paisaxe galega, que transforma en realidades coloristas con gran presenza da auga. Amante do abstrato, as súas obras transmiten sentimentos a través das cores. Avalada por diversas exposicións en toda a xeografía galega e resto do territorio nacional.
PIMIRA @pimiraart
Pintora maioritariamente figurativa e colorista, con utilización de técnica mixta con óleo e collage. Actualmente inmersa na exploración da técnica xaponesa denominada GYOTAKU (impresión de peces con tinta china) e a súa combinación con collage. Conta con diversas exposicións en toda a xeografía galega e resto do territorio nacional.
JULEBV @julebv
Acuarelista e debuxante, con predilección pola paisaxe, tanto urbana como mariña. Tras de si ten unha ampla experiencia na técnica. Este ano foi o autor do cartel de festas de Bouzas. Conta con diversas exposicións en toda a xeografía galega e resto do territorio nacional.