Marea denucia, ademais, que «desde o mes de outubro que está o pergamiño na cidade de Vigo, e o goberno municipal, a pesar de afirmar no seu día a intención de organizar todo un abanico de actividades de divulgación arredor do mesmo, non fixo absolutamente nada».
Este luns, día no que se despedira o Pergamiño, Abel Caballero anunciou a celebración dun pleno extraordinario para pedir o rescate do Vindel. Marea asegura que esta manobra e para «xustificar así un interese que xamais existiu, e confirmando que a política cultural da cidade, unha vez máis, estase facendo a golpe de ocorrencia de Abel Caballero».
En canto á pretensión do propio acordo que pretende aprobarse en sesión plenaria, o grupo municipal da Marea de Vigo considera que «está totalmente fóra de lugar, sendo este tipo de actuacións dunha competencia que excede á dun concello, e, de levarse a cabo, dun custe econímico inxente. É tan absurdo coma se o Concello de Gernica reclamara o rescate do cuadro de Picasso» matiza Rubén Pérez.
Marea de Vigo, a través da concelleira Marga L. Barreiro, critica ademais que «é despropósito convocar outro Pleno o mesmo día do Pleno organizado polo Consello Municipal da Muller co gallo do 8 de marzo, eclipsando ata nese punto a atención, este é un exemplo de actitude incompatible coa defensa da igualdade, sendo os feitos e non as intencións os que definen as políticas».