Marta Lucio é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coas especialidades de Historia da Arte, Arte Antiga e Medieval, cunha ampla traxectoria tanto na xestión cultural como na coordinación de proxectos nesta área.
Segundo informou a Consellería de Cultura nun comunicado de prensa, o seu regreso ao Museo do Mar de Vigo prodúcese «precisamente nun momento no que o Goberno autonómico está a apostar por acadar unha mellor definición da realidade museística co impulso do anteproxecto da Lei de Museos de Galicia. Este importante documento compleméntase coa próxima Estratexia da Cultura Galega».
«Trátase dun plan no que se recollen as principais liñas de actuación e as prioridades das políticas culturais de Galicia e que marca a folla de ruta para afrontar os retos da cultura galega para os próximos anos e que persegue definir as prioridades da política cultural na Comunidade», conclúe a Xunta.