A montaxe ocupa unha superficie de 100 metros cadrados e conta con 300 pezas duns 25 centímetros. Para a súa construción precisouse de tres anos de traballo e a dedicación de 30 persoas.
O belén estará exposto ata o 7 de xaneiro e poderá visitarse de luns a venres entre as 18.00 e as 21.00 horas, os sábados de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas, os domingos e festivos desde as 12.00 horas en horario ininterrompido ata as 21.00 horas da noite.
Ademais, en Noiteboa, Fin de Ano e o día da Cabalgata de Reis permanecerá aberto entre as 12.00 e as 19.00 horas. Por último, os días de Nadal e Aninovo terá un horario especial de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance dos primeiros días de exposición pública do belén, o que cualificou coma unha “obra de arte moi ben ambientada, ben feita e unha verdadeira marabilla da artesanía con figuras que parecen esculturas«.