O alcalde avanzou que “Seda de Cabalo” de Manuel Vilariño, a partir do 18 de setembro, e “Os teus ollos din o que a túa boca cala” de Celeste Garrido, dende o 2 de outubro, estrearán a nova temporada do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
O alcalde informou en rolda de prensa dos contidos cos que botará a andar a nova temporada do museo a partir do mes de setembro. Manuel Vilariño traerá ao MARCO “Seda de Cabalo”, a maior exposición do fotógrafo e poeta, que foi Premio Nacional de Fotografía no ano 2017. Trátase dunha retrospectiva cun cento de obras do artista que reflicten a súa estética con marcado fondo poético. Está producida pola subdirección xeral de Museos do Ministerio de Cultura e Deporte.
“Os teus ollos din o que a túa boca cala” de Celeste Garrido é unha mostra específica e singular da artista para o MARCO. É unha selección de obras en distintos formatos, a maioría de nova produción, que constrúen un relato arredor do corpo como material, con especial alusión ao corpo feminino e ao vestido como símbol