A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu esta tarde ao coloquio literario en homenaxe ao Hematocrítico celebrado no marco do ciclo “A Movida Literaria”. No acto participaron os escritores María Reimóndez, Marcos Calveiro e Manuel Esteban, que puxeron o foco na literatura infantil e xuvenil reconstruíndo o universo de Miguel López a través dos seus textos.
O coloquio puxo ademais o peche á oferta cultural que a tamén delegada da área de Cultura da Deputación deseñou para a sede viguesa en colaboración con colectivos culturais da provincia para os últimos meses do ano.