A Feira do Libro de Vigo deu comezo este venres na rúa do Príncipe, na contorna do Museo Marco, onde permanecerá aberta ata o 7 de xullo. As autoridades inauguraron o evento pola mañá con lembranzas especiais para Domingo Villar, a quen todo o mundo recordará nesta edición.
A caseta da Biblioteca Neira Vilas converteuse en toda un homenaxe ao escritor vigués, que faleceu repentinamente este ano. O martes 5 de xullo ás 20.00 horas haberá unha lectura pública dos textos do autor ao cargo dun grupo de voluntarios do Concello de Vigo. Ademais, acolle un xogo relacionado coa obra literaria de Domingo Villar coa posibilidade de obter premios.
Todas os postos aplicarán un desconto do 10% na compra de libros. Por eles pasarán múltiples autores e autoras para asinar libros ou para presentar as súas obras. O horario de apertura da feira é de 11:00 a 14:00 y de 17:00 a 21:00 horas.