Acaba de saír da imprenta un novo libro de Francisco Castro: “A historia de Sara”, ilustrado por Luz Beloso. Trátase dun conto enfocado máis para maiores que para as cativas e os cativos. Tal cal un conto, coa típica tipografía en tamaño grande e profusamente cheo de ilustracións. Tanto o texto coma os debuxos encaixan perfectamente nunha acertada conxunción que contribúe a que as lectoras e os lectores cheguen a mergullarse totalmente na historia, na historia de Sara.
A presentación do libro vaise levar a cabo este martes día 14 ás vinte horas en Librouro. Sen dúbida, será outro éxito máis de Francisco Castro e tamén para Luz Beloso, que estarán na compaña da profesora, política e escritora Carme Adán. Parabéns.