Así definiu este martes o alcalde, Abel Caballero, a nova obra do escritor e articulsita Fernando Torres Carbajo, que presentou o seu libro ao rexedor na Casa do Concello.
O escritor pecha a súa triloxía sobre a cidade na que vive. Publicado de novo por Edicións Cardeñoso e coa colaboración de VIGOÉ para o seu fondo de imaxes, a nova obra revisa a fondo o Vigo actual.
Fernando Torres Carbajo (Vigo, 1958) xa ofreceu nas páxinas de VIGOÉ os capítulos dos seus dous anteriores libros, «O Vigo doutra época» (Edicións Cardeñoso, 2009) e «25 empresas do Vigo de sempre» (Edicións Cardeñoso, 2014). Licenciado en Veterinaria, traballa na Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na área do Mar en Vigo, e publicou en 2009 o seu primeiro libro, «O Vigo doutra época», que trataba dos disitintos aspectos da nosa cidade en tres cuartas partes do século XX.