O titular do departamento de Cultura do Goberno galego avanzou este apoio á nova biblioteca durante a reunión que mantivo co alcalde, Ángel Manuel Rodal, e na que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; e mais a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua.
Durante a xuntanza abordáronse outros temas de interese para o concello relacionados co ámbito cultural e patrimonial. Neste sentido, o conselleiro tamén manifestou a intención do seu departamento de abordar a restauración da igrexa de Santa María de Baiona.
En canto ao ámbito educativo, a Consellería lembra que vén de realizar un forte investimento no CEIP de Fontes-Baíña, onde nos dous últimos anos (2016 e 2017) se investiron máis de 170.000 euros.