Carmela Silva recoñeceu que trataba dunha vella reclamación dos estudantes da Universidade de Vigo, cos cales mantivera varios encontros ao longo da pasada campaña electoral é que agora verán cumprido esta demanda «polo que se sentía enormemente satisfeita por poder compracer esa vella demanda dos estudantes».
A Presidenta recordou que tivo que chegar un novo goberno á Deputación para mudar «0 abandono da anterior Deputación a Vigo» e poder contar dende xa conta esta sala de estudo de máis de 1.200 metros cadrados e cunha ocupación superior aos catrocentos postos de traballo «a máis grande Galicia e unha das maiores de todo o estado».
Silva subliñou que esta inversión era a máis importante de todas as feitas en Vigo «porque estes 800.000 euros adicados a UNED, adicados a ensinanza sempre son moi especiais. Porque creo profundamente na educación e que ten que ter os maiores investimentos dunha administración».
Pola súa banda, o alcalde Abel Caballero subliñou as instalacións desta sala de estudo e biblioteca ao nivel das mellores do mundo e ademais «cunhas vistas a ría de Vigo inigualables».
A sala de estudo e biblioteca ten máis de 400 prazas e dará servizo ó alumnado dos trece graos da UNED de Vigo e o do resto das facultades da localidade (Dereito, Enxeñería en tecnoloxías da información, Enxeñaría informática, Turismo, Educación Social, Estudos Ingleses, ADE, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencias Políticas e da Administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia e Historia da Arte). Será a sala de estudo e biblioteca máis grande da cidade, con máis de 1.200 metros cadrados.