A poeta Andreia Costas vén de presentar un novo libro no Centro de Documentación e Recursos Feministas. Trátase dun poemario que leva por título ‘Magnolia Punk e outras arritmias’, e a escritora e destacada feminista María Xosé Queizán foi a presentadora dun acto no que tamén participou coa súa arpa celta a compositora e luthier Lorena Reinaldo Lusquiños, ademais da propia autora do libro.
Andreia Costas vaise abrindo camiño no difícil arte da poesía e xa foi recitada por Arantza Portabales na derradeira Feira do Libro de Bos Aires, no stand da Xunta de Galicia. Sen dúbida, estamos fronte a unha muller importante non soamente polas súas aportancións poéticas senón tamén pola súa loita en favor do feminismo.