Este venres, 25 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase na libraría Librouro unha charla-coloquio sobre o libro «Sentado diante da fiestra», na que participarán o autor do mesmo, Antonio García Teijeiro; a xornalista e escritora María Xosé Porteiro e o editor Xabier Romero.
No acto haberá unha sorpresa para as persoas asistentes, ao coincidir o coloquio co aniversario da Revolución dos Caraveis de Portugal (25 de abril de 1977), coa que se puxo punto e final a cincuenta anos de ditadura no país veciño.