O Museo de Arte Contemporáneo acolleu este martes a presentación da XLVII Feira do Libro de Vigo, que se celebrarán do 1 ao 10 de xullo na rúa do Príncipe. O responsable da Concellería de Cultura, Abel Losada, sinalou que “é un programa completo con moitos autores, casetas de sinaturas, actuacións e tentaremos que o número de participantes nas librarías medre ano a ano”.
O Concello participa cunha caseta da Biblioteca Municipal Neira Vilas, que terá unha selección da literatura e cine relacionada co mundo do deporte por mor dos Xogos Olímpicos de Tokio. Ademais, as persoas que se acheguen ata o espazo poderá xogar ao Rosco Bibliolímpico. Por outra banda, tamén por terceiro ano consecutivo, haberá unha caseta do Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo para a difusión dos servizos e actividades do centro e fomentar a cultura da igualdade.
Nesta edición tamén haberá sete librarías, unha editorial, unha caseta para a Deputación de Pontevedra e dous casetas máis para as sinaturas e secretaría.