Do mesmo xeito que nas semifinais, un orixinal foi escollido polo xurado (integrando nesta edición por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas) e outro polo público. Así, o numeroso público asistente concedeu unha maioría dos seus votos ao texto “Desacougo azul”, lido pola propia autora Julia Tomé, polo que recibiu o premio de 200 euros.
O xurado, tras recoñecer a gran dificultade para elixir un texto gañador dada a calidade dos oito finalistas, escolleu “As balas de Koch”, -lido por Montse Fervenza debido á imposibilidade do autor Francisco Fernández para asistir-, para concederlle o seu premio de 300 euros.
Ademais da lectura dos textos participantes na final, a convocatoria de onte tamén contou coa actuación do estupendo grupo Thevagar Septeto. Foron un total de 67 os relatos presentados a esta quinta edición do concurso, organizado polo Café de Catro a Catro e a asociación cultural 4 Patacos e a colaboración das editoriais Galaxia, Xerais e Elvira