O edificio do antigo Concello de Vigo (Praza da Princesa) acolle este venres unha rolda de prensa na que se deron a coñecer os gañadores do concurso. No devandito acto participaron o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a deputada provincial Isaura Abelairas; o editor da Editorial Elvira, Javier Romero, e o representante do xurado, Bieito Ledo. Tamén se atopaban na sala, varios membros do xurado e representantes da Asociación de Comerciantes Vigo Histórico. O xurado desta segunda edición estaba composto por Concepción Varela, Patricia Meira, Noelia Otero, Sonia González, Carlos Oroza, Bieito Ledo, Antón Pulido e Julio Alonso, que tiveron o apaixonante e complicado traballo de decidir os gañadores deste concurso.
Relatos presentados
O prazo de presentación de traballos finalizou o pasado día 30 de xuño cunha resposta excepcional por parte do público. En total presentáronse 174 relatos, dos cales 147 están escritos en castelán e 27 en galego, 55 escritos da cidade de Vigo e tamén hai que destacar que houbo 15 estranxeiros (Escocia, Ecuador, Colombia, México, Arxentina, República Dominicana)
O gañador recibirá un premio de 1.000 euros -dos que se deducirán automáticamente as retencións que estipula a lei- e unha colección de poesía e prosa. Pola súa banda, os accésits terán un premio de 200 euros e un pack da editorial Elvira.
Cos premiados e outros relatos seleccionados publicarase o libro Relatos na rúa, que terá unha tirada inicial de 1.500 exemplares. En principio, está previsto que o acto de presentación do libro e a entrega dos premios se celebre no mes de decembro.
Os accesit foron para «Palillos de tambor», de Ricardo Cid Paz; «A miña favorita», de Milagros Alonso Rodríguez; «Os mariñeiros do Berbés e a serea errante», de Xosé Lois Ripalda González; «Vgo visto desde abajo», de Julio Martínez Rodríguez, e «Rosalía Unplugged», de María Alonso Alonso.