Na presentación destas xornadas, Abel Caballero demandou unha maior presenza da Filosofía no Bacharelato «polo seu valor esencial para o desenvolvemento individual e colectivo». Ademais, felicitou a Avelino Muleiro, presidente do Grupo Aletheia, coordinador das xornadas, por «a continuidade que lograstes dar a este imprescindible espazo para a reflexión».
Muleiro, pola súa banda, destacou a «gran sintonía que ten a ciudanía viguesa coas xornadas» e asegurou que o cartel destas «vodas de prata» é «inigualable, tanto polo nivel dos conferenciantes como polo da persoa á que se homenaxea». Mosterín, lembrou, «é un dos filósofos máis selectos dos últimos anos, rivalizando con nomes como Ortega e Gasset e Unamuno, e traballou durante anos na consolidación destas xornadas, achegando sempre orixinalidade e sabedoría».
Durante os catro días que duran as xornadas pasarán polo auditorio grandes voces da Filosofía como Victoria Camps, Javier Sábada, José Manuel Sánchez Ron e Antoni Fontdevila. A entrada é gratuíta ata completar o aforamento.