A Editorial Elvira entregará este mércores (20:30 horas) os seus premios do VIII Certame de Relatos Vigo Histórico durante unha gala que se celebrará no Auditorio Municipal (Praza do Rei). Con acceso libre e gratuíto ata completar o aforo, o acto tamén servirá para presentar o libro «Relatos na Rúa», no que aparecen os relatos premiados e unha selección realizada polo xurado.
O relato gañador do Certame Vigo Histórico leva o nome de «Rosario Hernández é un lugar», de Marcos López Concepción, está baseado nun feito histórico, o brutal asasinato dunha sindicalista cando tiña 16 anos, unha historia moi dura, cheo de sensibilidade e que nos fai recordar. O segundo premiado foi para «Duelo al sol», de Alberto Rodríguez Guerrero. É un relato de humor moi galego, a pesar de que o autor é de Santoña, motivo polo cal no poderá asistir á entrega.
O gañador recibirá un premio de mil euros, mentres que o segundo premio terá 500 euros e os 4 accésits, 200 euros cada un. Tamén haberá tempo para destacar o relato presentado pola escritora de maior idade que participou no certame. Trátase de María de los Ángeles Castro Aznar, que aos seus 91 anos participou coa obra «Memoria de un árbol».
Na gala, ademais da entrega dos premios, presentarase o libro «Relatos na Rúa» e contaremos coa actuación da compañía Fundación Igual Arte. A Editorial Elvira colabora con esta Fundación, entregando un euro do prezo de cada libro vendido a esta institución. A continuación tedes o listado dos premios e todos os relatos que formarán a oitava edición do libro «Relatos na Rúa« (portada, de Peri Helio).