Así, os relatos “As balas de koch”, de Liter4tura; “A Gioconda cubista”, de Mª dolores Araújo”; “A Senda do Dragón”, escrito por Yashana Terapias; “Flores murchas”, de Alter-Ego; “Néboa”, de Pociñas; “Nécora”, escrito por Rafa Costas; “Nunca antes vira o mar”, de Mónica Muñoz; e “Un Branco esquecemento”, escrito por Julia Tomé, competirán na primeira semifinal do certame.
Para a súa interpretación os autores dos relatos poderán valerse de disfraces ou calquera aditamento que consideren oportuno empregar, pero non poderán facer introducións ou presentacións das obras. Deste xeito, terán que lelas ou recitalas sen ningún engadido ao texto orixinal.
Da eliminatoria deberán saír dous textos semifinalistas, un deles escollido polo público, que concederá puntuacións de 3, 2 e 1 puntos ás tres obras máis salientables, e outro polo xurado, que está integrado por Clara do Roxo, Amadeo Cobas, Mari Carmen Casal e Ángela Costas. A calidade literaria do texto, a súa orixinalidade, así como o xeito de lelo e interpretalo serán os aspectos que nos dous casos deberán ser valorados.