«Foi moi complicado, temos un xurado exisente e os relatos deste ano teñen moita calidade», aseguraba Javier Romero, da Editorial Elvira, segundos antes de que o xornalista Jacobo Buceta, tamén membro do xurado, daba a coñecer os premiados do IV Certame de Relatos Vigo Histórico en presenza do alcalde, Abel Caballero, e da representante da patrocinadora Tressi, Isables Alonso.
A gañadora do concurso, María Rodríguez, coñeceu o seu premio no propio acto, ao que acudiu como público xunto a moitos dos parcipantes, algún deles tamén premiados.
O segundo premio foi para «O vento e as formigas, de Marcos López Concepción. Unha das características dos premiados e accésits deste ano é que todos eles son de autores de Vigo e comarca. O alcalde Abel Caballero destacou que a literatura é unha forma excepcional de vivir e de facer vivir a aquelas persoas que leen o que escribiches e, despois de felicitar aos gañadores, recordou que “é importante gañar, pero moito máis, o feito de que te publiquen o teu relato”.
Pola súa banda, Javier Romero manifestou que a editorial está encantada coa resposta que están a recibir por parte dos autores noveis e que “nese sentido, xa estamos máis que recompensados”. Ademais, asegurou que “o certame está consolidado e xa pensamos na edición do próximo ano, no que volveremos a ter novidades”. A representante de Tressis, Isabel Alonso, deu as grazas á editorial Elvira por “permitirnos colaborar nesta iniciativa cultural, xa que a aposta pola cultura forma parte da responsabilidade social corporativa da nosa empresa”.
A principal novidade da edición deste ano foi o feito de que Vigo tiña que ter un papel protagonista no relato e isto, posiblemente, veuse reflectido na procedencia dos mesmos, xa que aumentaron de forma significativa os enviados dende a
cidade viguesa, mentres que descenderon os procedentes doutros países. Aínda así, houbo relatos procedentes de Santo Domingo, Chile, Cuba, Arxentina, Perú, México, Ecuador, Venezuela, Colombia ou Holanda. Ademais, chegaron escritos de toda a península ibérica (Madrid, Barcelona, Zaragoza, Sevilla, Granada, Valencia, Oviedo, Mérida, Cidade Real…) e de case calquera punto de Galicia (Vigo, Ourense, A Coruña, Lugo, O Porriño, Carballiño, Catoira, Gondomar, Cangas…).
Ademais hai que destacar o importante crecemento do número de relatos escritos en galego, consolidando unha dinámica que xa se estaba a apreciar ano a ano. Así, dos 166 relatos admitidos dos case 200 enviados, 50 foron escritos en galego, é dicir, aproximadamente un terzo. En canto a xénero, cada vez hai máis igualdade (case ao cincuenta por cento) e curiosamente no caso dos escritos en galego, hai máis autoras mulleres que homes (dos cincuenta presentados, trinta son de mulleres).
A segunda novidade desta cuarta edición foi a creación dun segundo premio, xa que nas tres primeiras edicións só había un gañador e cinco accésits. Desta forma, nesta oportunidade hai un primeiro premio de mil euros para o gañador, un segundo premio de 500 euros e 4 accésits de 200 euros cada un.
O xurado desta edición conta cunha cara nova e moi destacada, xa que se incorporou ao mesmo a escritora Ledicia Costas (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil). Xunto a ela, o pintor Antón Pulido, o editor Bieito Ledo, a filóloga e mestra Concepción Varela Portela, o xornalista Jacobo Buceta; a filóloga e poeta Patricia Meira, a xornalista Noelia Otero Lago, e o profesor, escritor e colaborador de VIGOÉ, Julio Alonso.