Deste xeito, Francisco Castro, escritor e director da editorial Galaxia, será o encargado de inaugurar esta proposta. Segundo a exdeputada e profesora do IES Politécnico de Vigo, Carme Adán -impulsora xunto a outros profesores e profesoras de Filosofía Si-, o obxectivo radica en “conseguir unha maior visibilidade da necesidade de que os centros de ensino dediquen varias horas do tempo lectivo a ensinar a pensar, a pensar de xeito crítico”.
Ademais de Francisco Castro, outras persoas destacadas da cultura galega xa confirmaron a súa participación en #VocesPolaFilosofía, como Jorge Mira, Sés, Xurxo Mariño, Sechu Sende, Inma López Silva, Ernesto Chao e Teresa Moure, entre outras.
Precisamente Filosofía Si xa presentou no Parlamento Galego máis de 8.200 sinaturas de apoio á proposta para que esta asignatura sexa incluída na oferta educativa do Bacharelato a obrigatoriedade da Historia da Filosofía como materia troncal. Esta iniciativa será debatida no Parlamento proximamente.
Por outro lado, nos últimos días desenvolveuse nas redes sociais a campaña #ChíaPolaFilosofía, na que participou de forma activa o alumnado de diversos centros de ensino secundario, publicando tanto citas célebres como reflexións propias.