O día proposto foi o 17 de maio, data na que Rosalía lle adicou o seu libro ao tamén poeta Fernándo Caballero, xa que se descoñece cando foi o día exacto de publicación de «Cantares Galegos», pero buscábase unha data que tivese relación e proximidade coa publicación da obra.
Aínda que a Real Academia o festexa dende 1963, o recoñecemento oficial deste día por parte da Xunta de Galicia non aconteceu ata o ano 1991, data na que se declarou ese día festivo oficial, aínda que para desgracia dos traballadores este ano 2015 coincida en domingo.
En 1963 a primeira homenaxeada, por suposto, foi a propia Rosalía de Castro, e seguírona:
Rodríguez Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas, Noriega Varela, Valladares Núñez, López Abente, Lamas Carvajal, Lago González, Vicente Viqueira, Pintos Villar, Ramón Cabanillas, Villar Ponte, López Ferreiro, Manuel Antonio, Alfonso X el Sabio, Vicente Risco, Amado Carballo, Leiras Pulpeiro, Cotarelo Valledor, Losada Diéguez, Iglesia Alvariño, Francisca Herrera, Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Luis Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Bouza Brey, Blanco Amor, Luis Seoane, Rafael Dieste, Ferro Couselo, Ánxel Fole, Xoán de Cangas, Martín Codax, Mendinho, Blanco Torres, Manuel Murguía, Eladio Rodríguez, Fray Martín Sarmiento, Avilés de Taramancos, Xaquín Lorenzo, Lorenzo Varela, Manuel Lugrís, María Mariño, Xose María Álvarez, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Lois Pereiro, Paz Andrade, Vidal Bolaño, Xosé María Diaz Castro y finalmente Xosé Filgueira Valverde, o homenaxeado deste ano 2015.
Xosé Filgueira Valverde coñecido como «O vello profesor», compartindo alcume con Tierno Galván, foi escritor, investigador, intelectual e crítico, ademáis de adicarse á docencia a maior parte da súa vida. Así mesmo entre os anos 1959 e 1968 exerceu como alcalde de Pontevedra, a súa cidade natal, recibindo varios premios e condecoracións.