A cidade de Vigo terá que programar os actos culturais e institucionais axeitados para rendir homenaxe a un dos vigueses máis importantes: Francisco Fernández del Riego (1913-2010), que será o protagonista do Día das Letras Galegas 2023. É unha das figuras máis relevantes da cultura galega e foi o impulsor desa conmemoración que agora tócalle, precisamente, a el, logo de dez anos do seu pasamento. Esta caricatura realizada por Evaristo Pereira de la Torre capta os seus rasgos e a bondade que lle caracterizaba.
Del Riego era natural de Lorenzana (Lugo), porén, a maior parte da súa vida tivo a súa residencia na cidade de Vigo, concretamente na Praza de Compostela. A súa biografía é extensa e a súa contribución á cultura galega é indiscutible, por iso, a súa elección para o Día das Letras Galegas resulta moi acertada.