Desa terceira eliminatoria sairán os dous novos relatos que participarán na final do mes de maio e que se suman aos xa elixidos en xaneiro e febreiro. Como nas semifinais pasadas, un dos textos finalistas será elixido polo público asistente e o outro polo xurado. Nos dous casos, cada persoa deberá conceder 3, 2 e 1 puntos ás tres obras máis salientables e será obrigatorio votar a tres delas ou a papeleta de voto será invalidada. Así, o relato que obteña maior puntuación emitida polo xurado e o relato máis votado polo público serán os dous novos orixinais que participarán na final.
Segundo explica o xurado do concurso, cos 15 orixinais recibidos nesta terceira fase do certame, xa son 53 os relatos presentados para participar nas tres semifinais. Na súa opinión, esta cifra amosa o gran interesa que esperta o concurso MicroCatrorelatos en particular e a literatura e a creación literaria en galego na nosa cidade.