Sinopse
“Uxía coñece á súa tía é o primeiro libro da colección de Uxía. Uxía é unha nena como todas as demáis. Quere crecer e quere seguir xogando, quere facer o que lle pete e quere que lle fagan caso, quere ser como os seus pais e sen querer os volver tolos porque consegue ser como os seus pais. Xunto co seu irmán Brais e a súa amiga Alba deciden facerlle a vida imposible á súa «tía peluda», pero as cousas nunca saen como unha as planea, aínda que as planee un xenio como Uxía”.
A intención do autor foi crear unha obra non didáctica nin pedagóxica, en galego e para nenos e nenas. Un libro que so servise para divertirse, sen mensaxe nin exemplos moralizantes. Unha obra pouco recomendable para os pais pero que guste ós seus fillos e fillas.
Uxía tenta encher un baleiro no panorama editorial galego. Mentras que os lectores no resto do Estado son principalmente mulleres, que son atraídas á lectura dende pequenas con multitude de títulos atraíntes, en Galicia, aínda non teñen unha ampla oferta abertamente feminina de afianzamento lector. Diríase que as galegas están condeadas a retomala lectura na súa lingua a partir dos dazaoito anos despois de desfrutala na súa nenez.
Neste senso Uxía ofrece o primeiro de moitos libros en galego para nenas de oito a doce anos, coa idea de crecer coas súas lectoras, de madurar e aprender que o mundo é ese lugar marabilloso onde levarnos a contraria pode ser un pracer.
O autor
Pablo Morell ten escrito anteriormente algunhas obras infantís relacionadas co Camiño de Santiago e biografías para nenos e nenas de autores galegos. Actualmente traballa na Editorial Trymar como coordinador da súa colección infantil Alvarelliños, cuio nome homenaxea a Leandro Carré Alvarellos, autor da obra “Leyendas Tradicionales Gallegas” y creador da editorial Alvarellos.