O Día das Letras Galegas do ano 2020 está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Naceu en Ferrol en 1910 e faleceu en Santiago de Compostela en 1990. Era licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, pero tivo unha grande dedicación á lingüística e á literatura.
As súas numerosas obras abarcan a poesía, o teatro, a narrativa e o ensaio. Foi o primeiro catedrático da asignatura de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, e foi membro numerario da Real Academia Galega. Tamén formou parte do Partido Galeguista e foi membro da Unión Xeral de Traballadores.
Os méritos deste galego son innegables e suficientes para que entre a formar parte dos homenaxeados o Día dás Letras Galegas, que como todos os anos celébrase o día 17 de maio. Con todo, este ano 2020 será un Día dás Letras Galegas singular por motivo da pandemia do Covid19.