O Centro de Documentación e Recursos feministas (Joaquín Yáñez, 6, 2º andar) acolle a presentacion do libro «Rosalía Mera:el hilo suelto», de Xabier R. Blanco (La esfera de los libros, 2015), este martes, ás 19:00 horas, coa intervención do seu autor Xabier R. Blanco e o tamén xornalista Manuel Vázquez Sola.
Ademais de Amancio Ortega, a outra gran protagonista dese prodixio chamado Inditex falaba pouco pero dicía moito. De xeito controlado, sobrepoñéndose a varios golpes que lle deu a vida e vixiando con cautela as súas aparicións mediáticas, foi forxando un ha personaxe que nunca esqueceu as súas orixes e á que non lle importou ser politicamente incorrecta, fiel ás súas ideas e á súa conciencia social. De forte carácter, soñaba con voar alto e logrouno: cambiou os patróns da moda e axudou a tecer un imperio sen precedentes en España.
Falecida en agosto en 2013, a que foi a primeira esposa de Ortega tamén foi unha traballadora infatigable que chegou a converterse na máis rica de España e na 66ª do mundo según Forbes.