A cita abrirase o xoves 15 de febreiro coa conferencia inaugural a cargo do maior experto mundial en Jules Verne, o italiano Piero Gondolo della Riva, no Auditorio Municipal do Concello ás 20.00 horas.
O día seguinte, venres, comezará cun paseo literario, unha ruta verniana desde a fortaleza de O Castro, á que o popular escritor ascendía cada mañá nas súas dúas visitas á cidade. Desde alí, os participantes seguirán o rastro do ‘Nautilus’ e coñecerán a Batalla de Rande, tal e como o capitán Nemo contouna ao profesor Aronnax na novela.
A programación continuará cun amplo programa de conferencias no Auditorio da Praza do Rei, coa participación da directora do Museo Jules Verne de Nantes, Agnès Marcetteau, a premiada escritora galega Ledicia Costas, a educadora francesa Daisy Houlès e diversos expertos como os membros da Sociedade Hispánica Jules Verne Nicolás Moragues, Jesús Navarro, Pasqual Bernat e o propio Eduardo Rolland.
A xornada do sábado iniciarase cunha ofrenda floral ante o monumento a Jules Verne nos xardíns de As Avenidas. Seguidamente, ás 12.00 horas, os participantes embarcarán no ‘Nautilus’, un barco oceanográfico dotado cun robot submarino, chamado ‘Nemo’, no que farán o percorrido do submarino de ‘20.000 leguas’ e contemplarán nas pantallas o mesmo paisaxe baixa o mar que asombrou aos mergulladores do Nautilus aquel 18 de febreiro de 1868.
Pola tarde do sábado, e durante a mañá e a tarde do domingo, haberá novas saídas do buque ‘Nautilus’ desde o peirao do Náutico, para facer o mesmo percorrido que o submarino do capitán Nemo. Estas rutas están abertas ao público en xeral, previa reserva e compra de tickets en www.oceansecrets.es.
Os participantes no Encontro Internacional De Verne a Vigo 2018 son algúns dos máis destacados estudosos da figura de Jules Verne no mundo, con especial mención ao italiano Piero Gondolo della Riva, que ditará a conferencia inaugural, aberta como o resto de charlas ao público en xeral no Auditorio Municipal da Praza do Rei, ata completar o aforamento.