Abel Caballero cualificou de «excepcional» o conto «Jules Verne e o pesadelo de Xulia» que este luns presentou en rolda de prensa acompañado por 35 estudantes do Ceip Otero Pedraio e pola escritora, Ana B. Gómez. Coas «marabillosas» ilustracións de Ignacio Hernández, o Concello coopera con Lobito Bueno na edición dun texto «magnífico», unha acción enmarcada no 150 aniversario da chegada do Nautilus á ría de Vigo, segundo narra o autor francés en «20.000 leguas de viaxe submarino».
Tal e como avanzou o rexedor, repartiranse estes libros por todas os bibliotecas e todos os centros educativos da cidade para que os estudantes de Infantil e Primaria coñezan a relación entre este autor e a nosa cidade.
O conto transcurre en Vigo, cando Xulia sufre un forte pesadelo. A partir dese momento, ela e o seu avó se embarcarán nunha aventura e viaxarán no tempo xunto a Verne. Na narración aparecen distintos escenarios culturais e incluso as Illas Cíes.