Os pequenos coñeceron a historia contada por unha avoa que falaba do que lle contara ou seu avó sobre Jules Verne cando ela era pequena. Tamén descubriron como o ‘Nautilus’ se achegou a Vigo hai 150 anos tal e como relata no capítulo ‘A baía de Vigo’ de ‘20.000 leguas baixo dos mares’.
A iniciativa ‘Vigo le a Verne’, promovida polo Concello de Vigo e as editoriais viguesas Galaxia, Lobito Bueno, Ir Indo e Xerais, complétase cunha acción de fomento da lectura nas librarías da cidade onde os vigueses poderán coñecer en detalle a literatura no só do escritor francés senón tamén os libros relacionados co vínculo de Verne con Vigo.