O punto de partida sitúase na antiga sede da editorial Galaxia, que dirixiu desde 1985 ata a súa morte no ano 2002, e pasa tamén pola Cafetería Vitruvia, o Café Goya, a Fundación Penzol, Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro, Verne e Hemingway, o Instituto San Tomé de Freixeiro e remata na Fundación Carlos Casares.
Este xoves varios estudantes fixeron un tramo do percorrido e foron acompañados polo alcalde, Abel Caballero. «É un xeito de facer a armazón dunha etapa de creación cultural moi importante na cidade de Vigo», salientou o rexedor.
Semáforo IES Carlos Casares
Caballero informou tamén da instalación dun semáforo na subida ao IES Carlos Casares, unha antiga demanda trasladada ao Concello e sobre a que existían dúbidas no referente á titularidade da estrada para poder realizar a obra.
Segundo explicou, malia que a responsabilidade non era municipal, o consistorio solicitou ás demais administracións que lle permitiran facer a obra que está practicamente rematada nestes momentos.
O semáforo regulará o cruce da estrada de subida á universidade, ao carón do centro, que é empregado polo alumnado e profesorado, que así verá mellorada a seguridade no tránsito diario nesa zona.