A reunión deste martes tivo como obxectivo o acto de entrega dos Premios da Crítica de Galicia, o próximo 19 de novembro en Vigo, lugar de nacemento destes galardóns que volve acoller o evento despois de rotar pola provincia.
O Concello traballa «activamente» coa Fundación e «queremos que sigan aquí» os Premios da Crítica de Galicia, en verbas de Abel Caballero, polo que «seguiremos cooperando» coa organización. O ano que vén celebraranse os corenta anos desta cita.
Caballero subliñou que a edición 2016 dos Premios engaden «unha nova dimensión relacionada coa arquitectura», co que se reforza o papel deste galardóns no desenvolvemento da cultura de Galicia e de Vigo.