Esta é a portada do libro ‘Vigo, fronteira do Alén’, escrito por Xosé Luis Méndez Ferrín e con numerosas fotografías en branco e negro de Xulio Gil. Trátase dunha nova edición do libro publicado pola editorial Ir Indo en 1988 e que agora acaba de saír en formato de peto. A portada é un cadro do pintor Antón Pulido que representa o barrio mariñeiro do Berbés, coa cidade de Vigo ao fondo.
O texto do libro constitúe unha testemuña do Vigo de fai trinta anos, un percorrido polos diferentes recunchos da cidade, os seus barrios e os seus monumentos, unha visión dunha cidade que segue viva e actual. Un libro de obligada lectura.