Na presentación da obra estiveron presentes o máximo responsable federativo, Carlos Domínguez, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. O libro conta coa colaboración do Concello olívico.
O rexedor puxo en valor unha publicación que «transmite a nobreza da hípica» e eloxiou ao escritor, que aquí «adentra a súa capacidade investigadora e escritora» neste ámbito.
‘Vigo Hípico. A paixón dunha cidade’ repasa a traxectoria do Concurso Hípico de Vigo, que comezou a celebrarse no ano 1910 e deixou de disputarse a comezos desta década.