O evento está organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta, o IES de Mos e o Club de Lectura Amibros de Vigo. O acto será coordinado pola profesora Patricia Arias Chachero e presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. Nel, a escritora María Xosé Queizán, Carmeliña e Montse Copa lerán poemas de Rosalía. A iniciativa rematará coa intervención do expresidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, viúvo de Victoria Álvarez.
Finalizado o acto, repartirase de balde a publicación ‘Homenaxe á investigadora Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda’, separata da revista Madrigal, editada pola Universidade Complutense de Madrid e coordinada por Patricia Arias, que contén dous traballos inéditos da homenaxeada, un poema de Luz Pozo e catro estudos de Xesús Alonso Montero, Patricia Arias e María Xesús Lama.